O comité de empresa do Polusa pide a dimisión do seu xerente

O comité de Polusa pide a dimisión do seu xerente porque “acusou a unha traballadora de finxir unha enfermidade por non ir ao traballo cando esta foi diagnosticada por un médico do propio hospital”.

Segundo o comité de empresa, a traballadora comunicou á súa supervisora que non podía seguir instrumentando ao cirurxián na operación solicitando un cambio de posto, algo que lle foi denegado.

“Ao recapacitar e darse conta do mal estado de saúde en que se atopaba a traballadora, relévana e envíana a casa”. Acto seguido a traballadora dirixiuse ao servizo de urxencias e alí indícaselle que non poderá traballar nuns días, o que comunica á dirección do hospital.

A posteriori e segundo os representantes dos traballadores, “a traballadora é acusada pola propia dirección de finxir a enfermidade e ábreselle un expediente sancionador por falta moi grave”.

O Comité de empresa do hospital Polusa denuncia a situación que viven os sanitarios e demais traballadores do devandito centro, “que son obrigados a traballar e  atender aos pacientes , aínda que iso implique risco para eles, aínda máis o caso desta traballadora que estaba instrumentando unha operación co risco que supón para o paciente”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com