A Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destacou que “supón un gran honor seguir como Alcaldesa do teu Concello” e salientou que “o compromiso cos veciños de Lourenzá sigue vixente e a ilusión intacta ao igual que en 2015 cando chegamos ao Goberno Municipal”. Fíxoo no acto de toma de posesión que tivo lugar este sábado no consistorio, tras acadar a maioría absoluta, con 676 votos. O PSOE terá 6 representantes no Concello dos 11 Concelleiros que conforman o Pleno da corporación.
Rocío López subliñou que “nestes 4 anos puxemos todo en orden porque estaba o Concello nunha situación moi delicada economicamente. Tivemos que optimizar os recursos cos que contábamos e xestionalos de xeito rigoroso para que as contas a final de ano deran en positivo. Aínda así, non renunciamos a achegar novos investimentos para mellorar as prestacións públicas, sobre todo no rural, e para que os nosos veciños gocen cada día dunha mellor calidade de vida e dun Concello máis próspero”.
“Dende o Goberno Municipal estaremos abertos ao diálogo e á cooperación co resto de grupos da oposición coa finalidade de que Lourenzá siga crecendo e tendo uns servizos adecuados, pero coa idea clara de respectar sempre o programa que presentamos aos laurentinos”.
A Alcaldesa de Lourenzá está arroupada neste mandato por un equipo de Goberno integrado polos Concelleiros socialistas, Javier Huertas Otero, Manuel Arango Ron, María Mercedes Dengra Sixto, Mario Leiton Ramallal e Sonia Gavino Reigosa.
Xuñ 16, 2019 - 04:30 PM
Enhoraboa traballar e sorte.