O Concello abre mañá o prazo para solicitar as axudas para material escolar

O Concello de Lugo abre mañá o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de material escolar e didáctico para alumnos e alumnas de educación infantil, tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia deste martes. Esta convocatoria, que foi publicada na Base de Datos Nacional de Subvencións, ten o obxectivo de colaborar na mellora da calidade educativa e na igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas do municipio. Todos os interesados poden presentar as súas solicitudes ata o 10 de outubro no Rexistro Xeral do Concello.

O Concello, a pesar de non ter competencias en materia de Educación, destina 36.500 euros a estas axudas, para facilitar o acceso á educación a toda poboación en igualdade de condicións, ao tempo que contribúen a superar as desigualdades e impulsan unha mellor educación.

Trátase de bolsas escolares para educación infantil, de 3 a 6 anos, e para alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos. Estas axudas, que chegarán a preto de 450 alumnos, consisten nun vale desconto por un importe de 80 euros con destino á compra de libros ou material escolar nas librerías da cidade. Para acceder a ditas axudas o único criterio é a renda familiar e é necesario que o alumno estea censado en Lugo.

As bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia, así como no taboleiro de edictos e na páxina www.lugo.gal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com