Este próximo mércores, día 1 de decembro, oConcello de Lugo, a través da área de Muller, abrirá o prazo de inscrición do programa Aprende Xogando tanto para as mañás de vacacións de Nadal (22,23,27,28,29,30 de decembro e 3,4,5,7 de xaneiro) como para o 2º trimestre do curso escolar, correspondente ás tardes dos meses de xaneiro, febreiro e marzo.
“Trátase dun programa orientado a favorecer a conciliación nos eidos laboral, familiar e persoal. Queremos apoiar de xeito especial ás mulleres na súa integración laboral, beneficiando tanto ás e aos menores como á unidade de convivencia no seu conxunto, dando atención a unhas 350 familias na cidade, aproximadamente” explicou Alonso.
A concellería de Muller porá en marcha todas as medidas necesarias para garantir a saúde de todas as persoas participantes, “adaptándonos ás condicións sanitarias do momento e ás recomendacións que realicen as autoridades. A tal efecto, poderán verse afectadas as localizacións, aulas, aforos etc – engadiu a edil – que, nun inicio se desenvolverán nos centros de convivencia Uxío Novoneyra, Maruja Mallo e Milagrosa”.
O programa está dirixido a nenas e nenos empadroadas/os no Concello de Lugo cunha idade comprendida entre os 3 e os 12 anos e as solicitudes, que poderán presentarse até o vindeiro 7 de decembro, efectuaránse de xeito telemático polos/as proxenitores/as dos/das menores, no e-mail aprendexogando@lugo.gal sinalando nome, apelidos da/o menor e nome, apelidos e D.N.I. do/da proxenitor/a solicitante aportando anexo normalizado para a solicitude e a documentación requerida.
Tanto as bases como a instancia poden descargarse a través da seguinte ligazón: http://concellodelugo.gal/gl/