O Concello abre o prazo de inscrición nas escolas infantís municipais

Coa publicación no día de hoxe no Boletín Oficial da Provincia, a Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento abre o prazo de inscrición para ocupar as 142 prazas libres para o vindeiro curso nas catro escolas infantís municipais. O concelleiro de Educación lembrou que “as escolas infantís municipais non só cumpren unha labor asistencial, tamén contan cun proxecto educativo integral para as nenas e nenos de 0 a 3 anos”.

Destas 142 prazas, ofértanse 28 para nenas e nenos de 3 meses a 1 ano, 16 para 1 a 2 anos e 98 de 2 a 3 anos, das que, en total, 37 serán para as escolas Serra de Outes, Gregorio Sanz e Luís Soto Menor, mentres que a escola María Wonenburguer ofertará 31 prazas.

Dende a concellería de Educación infórmase de que o prazo para presentar as solicitudes durará 20 días, e abrirase mañá, 11 de marzo. As familias interesadas, deberán cubrir o formulario que se habilitará na web do concello, e que se poderá recoller tamén no rexistro xeral. O concelleiro lembrou que “as familias que desexen máis información poden contactar co persoal da área de Educación ou co teléfono de información do Concello, 010”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com