O Concello acometerá de xeito subsidiario obras no predio 48 da Rolda da Muralla

O Concello de Lugo acometerá, de forma subsidiaria os labores de desentullo no inmoble número 48 da Rolda da Muralla, co fin non só de garantir a estabilidade do edificio e a seguridade dos peóns. Na xunta de goberno celebrada esta mañá autorizouse a contratación dos traballos por importe de 48.080’89 €.

O edil de Urbanismo Sostible  Miguel Couto, estima que, “en cuestión de semanas, empezarán a darse os pasos para materializar unha intervención que as titulares da edificación levan pospoñendo 15 anos, tempo no que de forma reiterada desoíron os requirimentos da administración local” e lembrou que, dende o 2001, ano no que se advirte por primeira vez da necesidade de actuar sobre a mesma, o Servizo de Urbanismo emitiu máis dunha trintena de resolucións, instando á propiedade a corrixir as deficiencias que presenta. “De feito, até o momento, o Concello impuxo un total de oito multas coercitivas ao respecto por importe de 43.000€ sen que causaran efecto algún, polo que, non nos quedou outra alternativa que solicitar a oportuna autorización xudicial para rematar, dunha vez por todas, o procedemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com