O Concello acondicionará dúas rúas do barrio da Cheda

A Área de Infraestruturas Urbanas do Concello de Lugo acometerá o acondicionamento de dúas rúas no barrio da Cheda. Membros do goberno visitaron a rúa Río Sar, unha das poucas rúas do barrio da Cheda que están sen pavimentar. A intervención nesta vía contará cun investimento de 41.132,81 € para conformar unha capa de rodadura con mestura asfáltica en quente que asegurará un selado do firme ante a acción da auga superficial e asegurará unha prolongada duración da actuación.

“Estamos traballando para activar os barrios con actuacións demandadas pola veciñanza” sinalan dende o Concello mentres explican que “barrios como a Cheda precisan de atención por parte do concello por que tamén son parte da cidade”. Pola súa banda, o edil reponsable de infraestruturas, Alexandre Penas sinalou “estamos actuando en zonas nas que foi moitos anos que non se fan intervencións para mellorar a calidade de vida e as veciñas e veciños agradecen moito que dende o concello se lles teña en conta”.

Outra das intervencións a desenvolver no barrio da Cheda será o asfaltado do tramo da rúa Pousadela, entre a ronda do Carme e o propio barrio da Cheda. Esta actuación conta cun orzamento de 15.851 €. Alexandre Penas sinalou que “este tramo da rúa Pousadela é o camiño máis corto entre o barrio da Cheda e o centro da cidade” e engadiu “no pasado mandato o propio Rubén Arroxo, como concelleiro da oposición, trasladou ao goberno municipal a necesidade de arranxar esta vía e agora, dende o goberno, acometemos a obra para cumplir coas veciñanza”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com