A Xunta de Goberno deu luz verde esta mañá á contratación da obra de acondicionamento dunha zona verde pública na rúa Serra dos Ancares. Estas tarefas, tal e como explicou o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, enmárcanse dentro do Plan de Barrios do Goberno e contan cun orzamento duns 66.400 euros e un prazo de execución de dous meses e medio.
A zona verde pública na rúa Serra de Ancares presenta un importante estado de deterioro e atópase nunhas condicións que non permiten o seu disfrute por parte da cidanía.
Concretamente, a parcela a ocupar presenta una pendente descendente dende a rúa Serra de Ancares cara a rúa ría Eo, comunicadas polo vial rúa Xardíns. O centro desta zona estará destinada a canil, tratando os arredores dun xeito máis verde e integrador. Para permitir a solta segura dos cans, delimítase a zona central do parque cun valado metálico, con portas. Ademais, co obxecto de evitar interferencias entre os animais, prevense dúas zonas independentes para separalos segundo o seu tamaño, peso ou temperamento. Un seto arrodeará todo o cercado e tamén se plantará arboredo.
As dotacións de equipamento contemplan tanto mobiliario urbano como elementos de exercizo canino, fabricados en madeira. Este novo canil, o único destas características na cidade, súmase aos acondiconados en Frigsa, en Acea de Olga e a carón da Muralla. O prazo de presentación de proposicións para estas tarefas será de vinte días naturais contados dende a publicación do anuncio de licitación no Perfil do Contratante.