O concello activa un servizo de impresión a demanda para as escolares e estudantes

O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, anunciou que “dende o concello de Lugo poñemos a disposición de todas as escolares e estudantes un servizo de impresión de materiais educativos”. O servizo ponse en marcha en colaboración coa área de Cultura “para todas as familias que non conten medios para seguir a formación en liña ou precisen de material en papel e non poidan afrontar a impresión que, en condicións normais, sería asumida polos centros educativos”. “Queremos que o confinamento teña o menor impacto posíbel no desenvolvemento da actividade educativa”.

Para utilizar o servizo, deberanse enviar os arquivos a imprimir ao correo impresionslugo@gmail.com, xunto cun teléfono de contacto. Unha vez impresos os documentos, contactarase por teléfono para concertar a data de recollida dos documentos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com