O Concello activará un novo plan de tráfico para eliminar a circulación de vehículos pola Rúa Nova

O Concello de Lugo activará mañá un novo plan de tráfico que permitirá eliminar a circulación de vehículos da Rúa Nova de forma definitiva. As actuacións contempladas neste plan comezarán a implementarse, previsiblemente, a media mañá, quedando restrinxido o tráfico unicamente á maquinaria necesaria para completar as obras que se atopan na súa fase final. Coa liberación de vehículos na Rúa Nova e a Rúa San Marcos estas dúas vías recuperan o seu uso completamente peonil.

Deste xeito, para poder rematar os traballos enmarcados no proxecto de peonalización entre a porta da muralla Bispo Odoario e a Praza de Ferrol, faise necesario ocupar o cruce entre a Rúa Nova con Rúa Montevideo, ao tempo que continuan os traballos na Rúa Bolaño Ribadeneira entre a Rúa Nova e a Rúa Quiroga Ballesteros.

Desta forma, os sentidos de circulación veranse afectados quedando da seguinte maneira:

Os vehículos de emerxencias, residentes e usuarios do Parking da Rúa Ramón y Cajal, entrarán e sairán pola Rúa Montevideo en dobre sentido de circulación, existindo un carril en cada sentido de circulación. Non se realizará a saída polo tanto por Rúa Nova.

O tramo de Montevideo entre a Rúa Ramón y Cajal e Rúa Nova será empregado só por residentes para acceso a garaxes e emerxencias, en dobre sentido de circulación, cun único carril de circulación. Non se realizará a saída por Rúa Nova.

Se algún vehículo discorre pola Rúa Nova procedente da zona de Praza da Soidade cara Rúa Montevideo, deberá desviarse por Carril dos Fornos, para continuar por Rúa María Balteira e saír por Rúa Montevideo cara a Porta de Bispo Odoario.

En resumo, os vehículos que queiran acceder a Montevideo desde Bispo Odoario ata rúa Nova terán entrada e saída por Bispo Odoario; mentres que os vehículos que queiran acceder á Praza de Ferrol, Bolaño Rivadeneira, Amor Meilán, San Froilán, e Quiroga Ballesteros (treito entre Bolaño Rivadeneira e San Froilán) terán entrada e saída por San Fernando, segundo o plan de tráfico comunicado onte e que está previsto activar esta tarde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com