O voceiro do Goberno municipal de Lugo, Miguel Fernández, acusa ao Partido Popular no Concello de “sembrar dúbidas” sobre os servizos públicos “nun afán de destruír a cidade sen aportar nada positivo para mellorar a gobernanza do concello”.
Resposta así as declaracións que onte realizaba o voceiro dos populares, Jaime Castiñeira, nas que acusaba ao Goberno local de pagar máis de 600.000 euros á empresa Sermasa, filial do Grupo Vendex; investigada na Operación Pokemon, por prestar o servizo de xestión dos museos da cidade sen contrato.
Fernández aclarou que esta situación vén motivada porque os servizos técnicos están traballando nun novo prego de contratación para a adxudicación do servizo, dado que a apertura dos museos durante toda a semana fai que a redacción de dito preto sexa agora “moitísimo máis complexa”.
A este respecto, o voceiro municipal sinalou que “ninguén vai marcar a nosa axenda”, e moito menos, dixo, “coa política do medo que emprega o Partido Popular”.