O Concello adapta a ordenanza municipal de circulación aos VMP

O Concello de Lugo vén de anunciar a posta en marcha do proceso de adaptación da Ordenanza Municipal de Circulación á realidade da mobilidade e, tamén, á normativa estatal “que está evolucionando en relación aos Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP)”. O responsable da Área de Mobilidade sinalou que “a utilización de patinetes eléctricos e outros vehículos de mobilidade persoal é cada vez máis abundante e debemos empezar a traballar para que ordenanza permita o uso racional de estes aparellos que, sen dúbida, xa son unha realidade e certamente poden facilitar a mobilidade de moitas persoas”.

A recente publicación dunha instrución da Dirección Xeral de Tráfico en relación aos VMP xa avanza que haberá unha parte da regulación definitiva, aínda pendente, que corresponderá aos concellos. Na instrución emitida dende a DXT establécense criterios a seguir por usuarios, concellos e axentes encargados da vixilancia do tráfico mais o estado deberá de redactar unha normativa específica para os VMP. O goberno local sinalou que “os concellos tamén debemos adaptarnos para cubrir aqueles aspectos nos que a norma xeral deixe en mans das normativas municipais a regulación do uso dos VMP”.

Dende o goberno lembran que a Ordenanza Municipal de Circulación do Concello de Lugo foi publicada o 17 de decembro do ano 2012 e dende aquel momento non se fixeron adaptacións específicas e nalgúns casos podería resultar contraditoria coa instrución ditada pola DXT. A área de Mobilidade anunciou que “imos iniciar o proceso porque queremos a participación de todas as persoas e entidades que teñan interese en facer aportacións” e engadiu “o primeiro paso será falar cos departamentos técnicos do concello”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Rosa Cacabelos Regueiro
    Dec 09, 2019 - 04:33 PM

    Nico Docal

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com