A Xunta de Goberno deste mércores acordou adxudicar o mantemento e conservación integral das 73 áres de xogos infantís existentes nos parques, xardíns e zonas verdes públicas municipais da cidade de Lugo, á mercantil Lappsett España VR S.L. por 67.200 euros para a primeira anualidade. Así o deu a coñecer o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen subliñou que a duración do contrato será de catro anos, con posibilidade de prórroga por períodos máximos anuais, sen que en ningún caso poida superar os 6 anos, e que a adxudicataria se comprometeu a executar unhas melloras totais de 76.300 euros.
Tal e como explicou o edil, os traballos acometeranse nas áreas de xogos infantís do Parque de Rosalía de Castro, nas costas do Parque, Sagrado Corazón, Parque da Milagrosa, Albeiros, Miño, Abella, Paxariños, Feiral, Os Robles, polígono das Gándaras, Carballeira da Estrada da Granxa, Parque de Marcos Cela, Avenida de Magoi, Campo Castelo, San Roque, Praza Roxa, Illa Verde, Montirón, xardín do Sagrado Corazón, Quinta de Pérez, Praza de San Loureiro, entre o Carril das Flores e o Carril das Hortas, Casas Sindicais, Fonte dos Ranchos, Praza de Alacante, Praza da Milagrosa, rúa río Avia, rúa Casas Vellas, Camiño de Romai, Aquilino Iglesias Alvariño, Avenida das Américas, rúa Galicia con San Roque, Praza Viana do Castelo, Praza do Castiñeiro, Catasol, rúa Novo Freire, As Termas, rúa Río Mandeo, rúa Angelo Colocci con rúa das Fontes, e coa rúa Gallego Tato, Ronda do Carme con Marqués de Ombreiro, Augas Férreas, unidade de actuación Sur-2 (Montirón), Aquilino Iglesias, números 22-26, Carballeria Grande de Aceña de Olga, polígono das Gándaras, Costas do Parque, gardería San Xiao, Ronda das Mercedes, San Friz, unidade de actuación Norte B, N1 e N2 en Garabolos, Nóreas, Paradai e Orbazai, así como nos circuítos biosaudables da Fonte dos Ranchos, Albeiros, Rosalía de Castro, As Gándaras, na unidade de actuación Norte B e en Nóreas.
Realizaranse traballos de inspección, mantemento, reparación e substitución dos elementos e dos xogos infantís, de limpeza das áreas de xogos, da reparación e conservación das superficies, solos e pavimentos de seguridade, do mantemento, reparación e pintado dos paneis e carteis indicativos e de información, así como dos peches perimetrais das áreas e dos elementos dos xogos infantís.