O Concello adxudicou este venres unha vintena de obras que suporán un investimento total que se achega a un millón de euros. Na xuntanza que celebrou este mediodía a Mesa de Contratación propúxose a adxudicación dun total de 20 obras por un importe de 993.770 euros. Todas as adxudicacións realizáronse por procedemento aberto e supuxeron aforros de arredor do 25%, suman en total máis de 200.000 euros de aforro.
Doutra banda, a Xunta de Compras aprobou tamén hoxe o investimento de 35.581 euros para melloras no 3º andar co Centro de Convivencia Uxío Novoneira consistentes na sustitución de ventás e persianas. Tamén se acordou o investimento de 14.199 euros para a adquisición de dúas plataformas de cortacéspede para labouras de mantemento dos espazos públicos, e de 6.413 euros para traballos de mantemento na pasarela peonil do xardín da Volta da Viña que comunica co Parque Marcos Cela.
Outras actuacións aprobadas hoxe foron para instalacións deportivas, onde se autorizou o gasto de 10.709 euros para a reposición da rede de parabalóns no C.F. das Gándaras, a adquisición de lámpadas e equipos de proxectores do campo de tenis do Palomar cun importe de 2.218 euros e a compra dun aspirador para o módulo cuberto de atletismo por importe de 907 euros.
Asi mesmo, acordouse o gasto de 4.911 euros na reforma de colectores e válvulas de solo radiante da Escola Infantil Serra de Outes.