O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou a ampliación da rede de abastecemento de auga na parroquia de Orbazai, aproveitando as obras de ampliación da segunda fase de abastecemento de auga a Lugo. Este proxecto, que será financiado polo Concello, será un dos que se van plantexar nas tres reunións convocadas para esta tarde Acuaes das comisións de seguemento das obras de saneamento e abastecemento que se están a desenvolver na actualidade.
O Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente reunironse cos veciños de Orbazai e anunciaronlles que o Concello executará as obras de ampliación da rede aos lugares de Vilar, o Cabalo, Taboelle, a Torre e a Malladeira, que supoñen un investimento de 105.000 euros para 2.200 metros de instalación e tamén se estudará a ampliación ata Penarrubia, onde sería necesario investir outros 110.000 euros.