O concello anuncia a apertura do prazo para solicitar prazas nas escolas infantís

As catro escolas infantís que creou e mantén o Concello, Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e María Wonenburguer, abrirán, previsiblemente, a finais da vindeira semana o seu prazo de matrícula para o curso 2017/2018, unha vez que se publique a convocatoira no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de edictos e na web municipal www.lugo.gal.

 O prazo para presentar as solicitudes de ingreso estará establecido en 20 días a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOP. As solicitudes deberán presentarse debidamente cumprimentadas no Rexistro Xeral do Concello. En total, as 4 escolas infantís municipais ofrecen 238 prazas para nenos de 0 a 3 anos, das que se reservarán 21 prazas en cada escola para nenos e nenas matriculadas no curso actual e 3 prazas de emerxencia social en cada unha delas.

 Deste xeito, o Concello ofertará 37 prazas de novo ingreso nas escolas Serra de Outes, Gregorio Sanz e Luis Soto Menor, 7 prazas de 3 meses a 1 ano, 4 de un a dous anos e 26 de 2 a 3 anos. Por outra banda, a escola María Wonenburguer ofertará 31 prazas de novo ingreso, 7 para cativos de 3 meses a 1 ano, 4 para nenos de 1 a 2 anos, e 20 de 2 a 3 anos.

 As escolas infantís Serra de Outes, Gregorio Sanz e Luis Soto Menor contan cada unha delas con 61 prazas, distribuídas en catro aulas: unha de 0 a 1 anos, con 8 prazas, outra de 1 a 2 anos, con 13, e dúas para nenos de 2 a 3 anos, con 20 cada unha. No caso da escola María Wonenburger, dispón de 55 prazas, repartidas nunha aula de 0 a 1 anos con 8 prazas, outra de 1 a 2 anos, con 13, e dúas de 2 a 3 anos, con 17 prazas cada unha. O Concello abrirá as 4 escolas infantís municipais por primeira vez no vindeiro mes de agosto, para garantir a conciliación ao longo de todo o ano.

 Por outra banda 0 Concello xa ten terreos para a construción dunha nova Escola de Educación Infantil, dividida en 6 unidades e con 82 prazas, promovida por unha fundación, un proxecto prioritario e necesario para a cidade, por mor da ampla demanda de prazas de gardería por parte da veciñanza do concello. Trátase duns terreos de 3.800 metros cadrados, dunha parcela de 6.032m2, cualificada como Equipamento Comunitario no PXOM. Dito terreo contará cun fronte de 76 metros que dá a unha rúa de nova apertura, paralela á Avenida Paulo Fabio Máximo, e un fondo de 50 metros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com