Partidos políticos, sindicatos e sociedade civil na concentración de Lugo… Non perdas o tren

Todos os partidos políticos con representación nas distintas institucións, sindicatos, e cargos de asociacións, concentráronse na praza Conde de Fontao, diante da estación do tren, para reivindicar uns bos servizos ferroviarios para Lugo.

Convocados pola plataforma Lugo… Non perdas o tren, creada pola Federación de Asociacións de Veciños, o Presidente da Deputación Darío Campos, a alcaldesa Lara Méndez, a Presidenta do PP Elena Candia; cargos políticos sindicais, representantes de asociacións, e veciñanza, reivindicaron esta mañá en Lugo, a chegada do AVE a Lugo e uns servizos ferroviarios de calidade para a capital e a provincia.

No transcurso do acto leuse un manifesto onde se exixen unha serie de melloras tanto nos servizos que presta RENFE como FEVE, para que a provincia de Lugo non perda o tren do progreso.

Os puntos máis destacados do manifesto son:

“Lugo require servizos ferroviarios adecuados para unha cidade de 100.000 habitantes. En todos os horarios dispoñibles, dentro de cada hora diúrna.

Lugo require unha conexión ferroviaria GALAICA (REXIONAL) e con conexións a Ponferrada, León e Oviedo. Creación dunha liña directa entre Lugo e Santiago, xa que son as únicas capitais de Galicia que carecen dunha conexión por tren e que debería servir para unirnos co Aeroporto de Lavacolla.

Lugo require conexións nacionais con: Madrid, Barcelona, Oviedo, Bilbao, León, Hendaia e Tui.

Lugo require que se cumpra a promesa formalizada por activa e por pasiva de distintos gobernos, de dotarlle de servizos de AVE.

Melloras substanciais na Estación de Monforte, a súa circunvalación e as súas comunicacións, e a eliminación de todos os pasos a nivel da capitalidade, tratando tamén a conexión co Porto Seco.

Que se continúe co  proxecto para a INTERMODAL en Lugo e se leve a cabo a súa licitación, do mesmo xeito que no resto das capitais galegas.

Que se poña en servizo a estación ou terminal de mercadorías de RENFE no polígono das Gándaras, dotándoa de persoal  e dun equipo de xestión comercial en Lugo requirible para o seu correcto funcionamento e rendibilidade. Eliminaríamos o perigo do transporte por estrada e a contaminación e a este sector facilitariámoslle traballo trasladando desde a estación ata o seu destino as mercadorías e portando ata a estación os produtos con destinos nacionais ou internacionais.

Con obxecto de recuperar os servizos ferroviarios en toda a provincia, requírese que todas as estacións da provincia teñan PARADAS FACULTATIVAS, para devolver así os servizos subtraídos e dotar de tráfico a estación de Lugo. Que se dispoñan ofertas e plans de prezos e servizos competitivos coas liñas de autocares.

Que se eliminen os pasos a nivel que dividen os pobos, exemplos: Parga, Rábade, etc. Que se dispoñan pasos peonís seguros nas estacións, aptos para persoas con discapacidade e que se eliminen curvas ou tramos perigosos da rede  ferroviaria.

Que RENFE promocione Lugo como destino turístico, dada a súa condición de ter  un triplo  PATRIMONIO DA HUMANIDADE e cidade Termal.

Que a Xunta dispoña, de acordo co Concello, a finalización do Plan Paradai e a humanización da contorna da estación e a integración deste área na cidade, á vez que posibilitaría a construción ou dotación na zona de ao redor de 250 prazas de aparcadoiro.

Que se dispoñan melloras substanciais para o Ferrocarril de Vía Estreita (FEVE) na Mariña, permitindo chegar no mesmo día de Ferrol a Bilbao e viceversa, levando as estacións aos núcleos de poboación e implementado igualmente o uso no transporte de mercadorías (aluminio, peixe. etc)”.

 

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Jose Luis Lamela Ramos
    Dec 18, 2016 - 10:46 PM

    ilusos,ahora lo pagamos todos y luego ellos lo vendeny lo privatizan

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com