O Concello apoiará á Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual de Lugo na súa loita pola igualdade real

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres no Concello unha reunión co vicepresidente da Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual de Lugo (ALAS), Marcos Fernández; un encontro no que a rexedora lle transmitiu o apoio continuado do Concello ás organizacións que co seu compromiso e convicción seguen traballando pola igualdade real, e por unha sociedade libre de discriminacións e exclusións pola orientación sexual e a identidade de xénero.

Lara Méndez aproveitou este encontro, ao que tamén asistiu a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana María González Abelleira, para amosarlle a Fernández a vontade do Concello de traballar “para construír unha sociedade inclusiva e libre, posto que estamos convencidos da importancia da educación para promover o respecto ás diferentes orientacións sexuais”

Tras a reunión, Méndez asegurou que “tanto Concello como ALAS demandamos leis pola igualdade real. Recoñecida a igualdade formal, queda moito camiño por recorrer para alcanzar a igualdade efectiva de gais, lesbianas, transexuais e bisexuais”.

A rexedora tamén lembrou que o Concello colabora con ALAS cunha subvención nominativa anual de 2.000 euros. “Seguiremos apostando polas políticas de igualdade e pola diversidade”, aseverou Méndez.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com