O concello aprobará na xunta de goberno local que se celebra o próximo mércores o convenio de permuta que permitirá adquirir a titularidade de dúas parcelas propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo no barrio do Castiñeiro. O obxectivo deste acordo co goberno autonómico é evitar a concentración de vivenda de protección nesta zona da cidade na procura dun modelo que distribúa este tipo de vivenda por toda a trama urbana.
Para a adquisición destes terreos sitos na rúa Ramón Piñeiro o goberno local cederá un total de seis parcelas distribuidas ao longo de varias zonas da cidade e que foron seleccionadas polo ente autonómico dunha extensa listaxe elaborada polos técnicos municipais. Deste modo o concello cede 3 parcelas situadas no Polígono 4 da avanida Infata Elena, unha parcela en Paradai de arrriba, outra en rúa Illa Coelleira e unha última situada na intersección da rúa Ángelo Colocci coa rúa Lavandeira.
O conxunto da edificacibilidade destas seis parcelas é similar ao aproveitamento dos terreos que se adquirirán no Castiñeiro. Ademáis, e segundo resulta dos informes técnicos de valoración emitidos pola arquitecta municipal e pola arquitecta do IGVS, o valor económico das parcelas municipais ascende a 4.788.919,08 de euros, e o das parcelas do IGVS ascende a 4.730.235,96 de euros. A diferencia do valor entre os bens municipais e os do IGVS é de 58.683,12 euros, cantidade que o IGVS se compromete a abonar ao Concello de Lugo.