A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá sacar a contratación distintas obras na cidade por uns 370.300 euros. Trátase, concretamente, da pavimentación de viais en Castelo (72.594,56€) e da pavimentación e abastecemento en Camiño de Barreiro e Sanfiz (103.636,74€). Ambas as dúas están enmarcadas dentro do Plan Único de Cooperación cos concellos, impulsado pola Deputación e no que participa o Concello, e teñen cada unha un prazo de execución de dous meses.
Na sesión desta mañá, tamén se deu luz verde á licitación das tarefas de reconstrucción do firme e da rede de pluviais da rúa Salvador de Madariaga, cun importe de 194.044,29 euros e un prazo de execución de 4 meses. Neste caso, o investimento é ao abeiro do Plan de Barrios do Goberno, ao igual que a licitación da renovación do parque infantil da rúa Poeta Aquilino Iglesias Alvariño, cun orzamento de 58.826 euros e un prazo de 45 días naturais para a subministración. Renovarase o solo da área de xogos infantís, o peche perimetral e o módulo de xogos, incluíndo un circuíto de habilidades con tobogán torres, un columpio vaivén nido, unha casiña de xogos, un balancín e 3 saltadores. Tamén se trasladarán os bancos.
Estas licitacións publicaranse agora no Perfil do Contratante, tras o que se abrirá un prazo de 20 días naturais para que as empresas presenten as ofertas no que ás obras se refire, e 15 días para a zona de xogos infantís.