Está mañá, a Concelleira de cultura, Carmen Basadre, comunicou nunha rolda de prensa a licitación do pregro de contratación dos comedores do programa Escola Aberta, cun orzamento de 833.237,16€, así como das actividades extraescolares en horario lectivo, cun orzamento de 43.300 euros. Estes servizos, terán unha duración de dous anos, con posibilidade de prorrogarse outros dous.
En canto ao servizo de comedor estímase que se servirán un total de 21.360 menús anuais e prestarase o seu servizo de setembro a xuño, por outra lado os servizos das actividades extraescolares transcurrirán de outubro a maio.
Basadre, explicou que para a adxudicación de ambos servizos se levaron a acabo os seguintes criterios de valoración: a oferta económica, as melloras nas condicións salariais, e a calidade no emprego e plan de formación, entre outras melloras sociais. Estas valoracións empregáronse como medidas para facilitar a conciliación laboral e familiar ou o maior número de horas de apoio ao servizo de comedor.
A Xunta de Goberno aprobou adxudicar a contratación do servizo de comida no fogar do Concello á empresa Alimentación Saudable. Segundo confirma a concelleira, a Mesa de Contratación seleccionou a oferta desta empresa por ser a economicamente máis vantaxosa e por aumentar a frecuencia de reparto a cada usuario nun día máis á semana.
Ademáis, destacou o importante que era para o Concello levar a cabo estes servizos escolares: “O Concello suple á Administración galega, porque cremos que é un servizo imprescindible e non queremos que os nenos e nenas se queden sen comedor escolar o vindeiro curso”.
Por último, respecto a este tema, subliñou que, tras facer as negociacións necesarias coa Xunta de Galicia, será o Concello o que se encargue destes servizos escolares, a pesar de que estes servizos deberían estar realizados pola Xunta de Galicia.
Na rolda de prensa tamén se trataron outros aspectos que afectan a cidadanía lucense
Carmen Basadre aprobou tamén autorizar servizos extraordinarios para os traballadores que compoñen o equipo técnico que se ocupa do desenvolvemento da parte de administración electrónica dos proxectos europeos Red.es e EDUSI, que o Concello conseguiu para avanzar na implantación das novas tecnoloxías e a transformación urbanística da cidade na zona do Carme.
E acordou así mesmo proceder á incautación parcial, por importe de 4.040,73€, da garantía definitiva constituída pola empresa Artenosa Publicidade SL para o contrato de inserción e explotación de publicidade interior e exterior nos autobuses urbanos, para sufragar os danos producidos nos vehículos como consecuencia da retirada da publicidade.