O Concello aprobará este mércores sacar a contratación a peonalización da Milagrosa

A Xunta de Goberno aprobará, na reunión deste mércores, a apertura do procedemento de contratación das obras de peonalización da Milagrosa, os traballos desta iniciativa peonil urbana, de relevancia tanto para o centro neurálxico do propio barrio como para Lugo, pois este espazo terá a partir de agora unha utilidade máis aló da cidade en si mesma, a de vida económica e conexión social da veciñanza; teñen un orzamento de 220.000 euros e un prazo de execución son 6 meses.

 A peonalización inclúe o tramo da rúa Milagrosa, entre a rúa Doutor Yáñez Rebolo e Curros Enríquez, dando continuidade á Praza da Milagrosa e á rúa Divina Pastora, para elo, é precisa a reurbanización total do espazo, dado a disparidade de pavimentos existentes. Asemade, manteranse os puntos de luz en fachada e substituiranse os puntos de luz existentes por un modelo de maior eficiencia, con iluminación LED.

A zona de carga e descarga situarase no tramo da rúa Milagrosa, entre as interseccións con Doutor Yáñez Rebolo e rúa Mallorca, a praza de aparcadoiro reservado a persoas con mobilidade reducida estará na rúa Doutor Yáñez Rebolo, próxima ao paso de peóns, o que garante un itinerario accesible ata a praza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com