O Alcalde, José López Orozco, asinou hoxe dous convenios para a cesión ao Concello de senllas parcelas no barrio do Sagrado Corazón.
Con esta sinatura dos convenios coa propiedade das dúas parcelas, o Concello de Lugo avanza nas xestións que está a desenvolver a Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, que dirixe Luis Álvarez, para asegurar, a obtención dos terreos requeridos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co obxectivo de construir un novo colexio no barrio do Sagrado Corazón.
A finalidade dos dous convenios urbanísticos é facer posible que o Concello de Lugo poida poñer a disposición da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria os terreos para a construcción dun novo CEIP nas inmediacións do actual centro e sempre dentro do barrio do Sagrado Corazón, en colaboración cos veciños propietarios.
As dúas parcelas contan cunha superficie total de 1.606 metros cadrados. O Concello xa ten asinados catro convenios, cos que logrou a cesión de 3.718 metros cadrados, pero aínda faltan outros 6.000 dos 10.000 que reclama a Xunta. Polo que, de momento, a infraestrutura escolar no se poderá comezar.