O concello atrasa unha semana a pavimentación da Ronda por mor das chuvias

O concello de Lugo atrasa ata a semana que vén as obras de pavimentación da Ronda da Muralla entre San Roque e a praza Bispo Odoario por mor da previsión de chuvias.

O Goberno local informou de que os traballos se realizarán de noite, previsiblemente o mércores e xoves para minimizar as incomodidades para condutores e peóns.

Neste sentido, a entidade local pide desculpas á cidadanía polas molestias que poidan causar estas actuacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com