O Concello autoriza a Xestur á segregación de terreos nas Gándaras para facilitar o desenvolvemento da Fase II do polígono

Xunta de Goberno autorizará esta semana a concesión á Xestur dunha licenza de parcelamento no Polígono das Gándaras.

A solicitude, presentada o 14 de maio, foi resolta pola administración local “coa maior das dilixencias” para posibilitar o desenvolvemento inmediato da Fase II deste parque empresarial.

A actuación implica o segregamento, en dous predios, da denominada Unidade Funcional S – situada na rúa Juan Jacobo Durán Loriga (vial D) e Rafael Cadórniga Carro (Vial C) – cunha superficie total de 1.259.862 m², que dará como resultado unha parcela matriz de 1.162.208 m² outra denominada Unidade Funcional S, de 97.654 m². Esta última dividirase, á súa vez, noutras parcelas de diferentes tamañose tamén en espazo dedicado a zonas verdes, prazas e viarios.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez,emprazoununha nova ocasión, á Xunta de Galicia a ser áxil na urbanización do solo industrial deste Polígono así como na posta a disposición dtodos estes terreos aquelas iniciativas empresariais que poidan amosar interese por implantarse aquí.

Trátase de que Lugo non perda oportunidades económicas nun momento, ademais, no que desde o Concello estamos a impulsar a captación de investimentos co fin de que se asenten negocios na cidade e se poida crear emprego, afirmou a rexedora.

Méndez lembrou que para acadar ese obxectivo o Goberno local traballa en diferentes ámbitos, tanto a través da Estratexia Lugo Transforma, que mobiliza 12 millóns de euros na constitución dun fondo público emprendedor para atraer empresas que xeren un alto impacto social e medioambiental, como mediante outras iniciativas, da man do tecido económico e produtivo da cidade, “polo que esa dilixencia resulta tan necesaria como o mantemento dunha comunicación continúa e constante entrámbalas dúas administración que reverta nun incremento da nosa capacidade conxunta para abordar os retos desta etapa post-covid e que pasan pola recuperación e dinamización económica do municipio e o fortalecemento da sociedade a través da xeración de postos de traballo”, concluíu Lara Méndez.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local, autorizará tamén esta semana a reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa Codesal (85.672 €).

Novas relacionadas

  1. Carloto
    Xul 14, 2021 - 05:12 PM

    Guuaaaau! Os funcionarios fixeron un trámite burocrático, e a Lara aproveita pra publicar unha foto súa. Que triste! A tipa debe de estar desesperada por agarrarse á única profisión que tivo.

    Reply
  2. Juan Martinez
    Xul 13, 2021 - 06:10 PM

    Por fin

    Reply
  3. Anónimo
    Xul 13, 2021 - 02:29 PM

    Saludos cuide de Lugo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com