O Concello burelés advirte do perigo que supón achegarse ao mar

O temporal no litoral norte estase deixando sentir de forma especial en Burela. Hoxe foron moitos os curiosos que se estiveron a achegar ata o paseo marítimo da Marosa para gozar das imaxes do Cantábrico, “pero hai xente que arrisca en exceso para conseguir unha foto ou para ver o mar tan de preto. Desde o Concello pedímoslles moita precaución de cara a evitar males maiores”, sinalou esta tarde o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey.

O edil socialista subliña que “hai aviso de forte temporal no mar para a xornada de mañá e para a do mércores con niveis de alerta laranxa, de aí que insistamos en pedir que se extremen as precaucións, que a xente non se achegue aos cantís, o mar pódese ver igual sen poñer en risco a vida das persoas”.

O temporal xa ocasionou danos esta tarde no paseo marítimo da Marosa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com