O Concello de Lugo colabora nunha masterclass benéfica de zumba esta sábado a favor de Capaces Lugo. Será a partir das 19:00 horas no polideportivo no colexio Menéndez Pelayo, a cargo de Noemí Cerviño, xunto con outros instrutores tanto de Lugo como de fóra da cidade: David Ávila,Lucía, Elena, Nuria, Begoña, Iván, Carlota, Bruno Hermida, Adela, Natalia, Rebeca, Antía e Mónica, de Zumba Instructor Network (Zin).
Todas as persoas que queiran participar poden facelo achegándose ás instalacións do Menéndez Pelayo, cun donativo de 3 euros ao colectivo. Capaces Lugo naceu hai 5 anos para apoiar ás persoas con autismo e con trastornos de comunicación e ás súas familias. Neste tempo, dedicáronse a informar e asesorar a familias que acaban de recibir diagnóstico e a centros educativos, a impartir formación de calidade para familias e profesionais, a romper barreiras de comunicaicón colocando pictogramas en colexios e institutos, entre outroas actividades, como sesión de cine adaptado.
O Concello tamén colabora con AUXILIA na exposición Somos Mulleres Diversas, que se poderá visitar no local La Ferretería dende o 3 ao 20 de decembro. O día 3, ás 18:30 horas, terá lugar a inauguración, cun debate-coloquio sobre a Perspectiva de xénero na diversidade funcional, a cargo de Fernanda Arrojo e Paula Fraga. Para a clausura, o 15 de decembro ás 13:00 horas, haberá a actuación de Joni Ramos, así como tapas elaboradas por Toma Castaña e bebidas elaboradas por En Vinissi.