O Concello colaborará coa Federación Galega de Comercio para o desenvolvemento do sector na cidade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este xoves unha reunión co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, dentro da súa toma de contacto co tecido asociativo da cidade. A este encontro asistiu tamén o secretario xeral da asociación, Luis Fernández, e o presidente da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais do barrio lugués da Milagrosa, Jesús Vázquez.

A rexedora aproveitou esta “xuntanza positiva”, tal e como a cualificou, para adiantarlle á Federación Galega de Comercio que o diálogo será a “tónica constante” do seu mandato e a colaboración con asociacións e colectivos culturais, sociais e empresariais a súa “liña a seguir”.

“Unha das partes máis importantes da política é activar a sociedade civil, polo que o contaco directo cos veciños e colectivos que representan a realidade luguesa será fundamental para o Concello”, subliñou Lara Méndez.

A Alcaldesa destacou a importancia do comercio, un dos piares da economía luguesa. “O Concello colaborará coa Federación Galega de Comercio, posto que queremos favorecer o desenvolvemento da cidade e impulsar este sector”, indicou, ao tempo que lembrou a evolución positiva da actividade comercial, “que a pesar de ser o máis castigado pola crise, encadena seis meses de incremento da facturación e tres de aumento de creación de emprego”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com