O concello completa a devolución aos funcionarios da paga extra detraída no 2012

O Concello completa a devolución da paga extra do 2012 que o Goberno central lles retirou aos traballadores municipais. Os empregados recibirán o 50% pendente neste mes de xuño, unha medida que aprobará este mércores a Xunta de Goberno.

Así o anunciou este luns o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, que salientou que a contía total a aboar aos máis de 700 traballadores municipais é de 581.771,54 euros, correspondentes a 91 días. Deste xeito, complétanse os pagos efectuados nos meses de xaneiro e novembro de 2015, correspondentes cada un deles ao redor dun 25% da extra (44 días no primeiro caso, por un importe de 281.296,31€, e 48 días no segundo, por 306.868,73€).

Con esta medida, o Goberno local cumpre un novo compromiso, neste caso adquirido cos traballadores, cos que “se comprometeu a devolver a parte que restaba da paga extra de 2012 o máis rápido posible en canto tivese aprobado os orzamentos definitivamente. Trátase dun cumprimento máis deste goberno”, recalcou o Concelleiro de Persoal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com