O Concello confía en dispoñer neste mes do 100% dos terreos para o novo CEIP do Sagrado Corazón

O Concello agarda poder contar neste mes de xaneiro con preto de 10.000 metros cadrados de terreo para a construción dun centro educativo no barrio do Sagrado Corazón,a mesma superficie que requiría a Xunta de Galicia para levar a cabo este proxecto.

Polo momento o goberno local vai camiño de dispoñer do terreo, xa que esta mesma mañá a alcaldesa, Lara Méndez, asinou seis convenios urbanísticos para a cesión doutras tantas parcelas ao Concello de Lugo, e que en total suman máis de 7.100 m2. Quedarían pendentes entón a sinatura da cesión doutro convenio, co que se engadirán outros 1.660 m2, e a cesión duns 1.200 metros cadrados a través dunha expropiación acordada a causa de trámites de herdanza.

Deste xeito, o goberno local anunciou que dispón do 90% dos terreos necesarios para materializar este proxecto polo que previsiblemente neste mes de xaneiro podería contar co total das parcelas. Unha vez conseguida toda a superficie o Concello porá os terreos a disposición da Xunta para construír nelas o centro de educación infantil e primaria que demandaba a veciñanza da zona sur da cidade, e que no seu momento estivera facendo unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar a dotación deste servizo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com