O paso peonil habilitarase sobre unha zona na que xa están realizados todos os traballos de execución das diferentes instalacións, ademais do control arqueolóxico. Terá ademais iluminación provisional mentres non se realice a instalación das luminarias definitivas.
Desde a concellería de Infraestruturas Urbanas estase traballar a carón da empresa adxudicataria da actuación para axilizar o máximo posíbel a apertura da zona peonil. Se o ritmo de traballo pode manterse, nun prazo de 15 días estímase habilitar de novo a porta da Praza de Abastos que dá á escalinata de Santo Domingo.
O proxecto inclúe a renovación do saneamento, as instalacións eléctricas e o alumeado público, ademais da renovación de rexistros e o mobiliario urbano para a nova rúa peonil. A obra ten un prazo de execución de 10 meses. “No prazo dun ano a mobilidade no centro de Lugo terá como centro ás persoas coa conversión en áreas de paseo zonas tan emblemáticas como a Mosqueira ou Quiroga Ballesteros” afirmou Rubén Arroxo, concelleiro Infraestruturas Urbanas.