Miguel Fernández Miguel Fernández

O Concello continúa a mellorar a seguridade vial na rede viaria rural

O Concello de Lugo iniciará a vindeira semana obras de mellora da seguridade vial da súa rede viaria rural. En concreto, as actuacións realizaranse en 780 metros da estrada de Benade que bordea ao núcleo de Airexe e que finaliza preto do núcleo de Fontes Novas e en 2.380 metros dun vial de Adai que atravesa os núcleos de Vilamaior e As Cancelas, e que remata nas proximidades do núcleo de Ferreiros. Así o indicou este venres o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, quen adiatou que se procederá á reconstrucción do firme en todo o seu espesor e se levará a cabo a impeza de cunetas e taxeas co fin de restablecer a drenaxe lonxitudinal e transversal e evitar os efectos nocivos da auga sobre a pista municipal. As actuacións de mellora finalizarán coa execución dunha capa de rodadura basada en mistura asfáltica en quente.

Posteriormente, e con financiamento propio, o Concello executará o rego asfáltico do vial de acceso ao Curutelo, na parroquia de Pías, con triple tratamento superficial, así como tarefas de limpeza. En Lamas acometerá a reparación do firme e a limpeza de cunetas no lugar de A Portela, e en Teicelle, procederá á colocación dun caño de conducción de auga e á instalación de bases para colectores de lixo.

O edil asegurou que, “somos conscientes do potencial que ten o rural, que supón o 80% do territorio do municipio e o 10% da poboación, por iso dende o Concello buscamos impulsar o seu desenvolvemento con todo tipo de melloras”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com