O concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, avanzou este martes o reforzo do persoal dedicado ao mantemento das instalacións deportivas municipais, que leva a cabo o Concello para garantir un óptimo funcionamento de ditas instalacións, e co obxectivo de asegurar os mellores servizos de cara o inicio dos adestramentos e da grande cantidade de competicións das diversas modalidades deportivas que se levan a cabo na cidade.
Deste xeito, a entidade local contratou dous traballadores máis para o departamento, que durante seis meses se suman aos que xa veñen realizando este tipo de tarefas no Concello.
Tal e como informou Fernández, coa incorporación destes dous operarios a entidade local acondicionará tanto o interior da totalidade dos centros deportivos como o entorno das mesmos, levando a cabo tanto a roza das súas inmediacións, como o mantemento preventivo das instalacións eléctricas ou traballos de fontanería, entre outros.
Ago 31, 2016 - 11:12 AM
e onde saeu publicada a oferta de emprego? ou foi digitalmente?