A Xunta de Goberno do Concello de Lugo, celebrada hoxe, aprobou os criterios para a selección da contratación de 20 persoas desempregadas en situación de risco ou exclusión social, perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), nas brigadas de obra municipais, no marco do plan Conserva Lugo 2019. Concretamente serán 16 peóns, 3 oficiais e 1 encargado.
A duración do contrato é de nove meses a media xornada, para realizar tarefas relacionadas coa albanelería e ou xardinería, como por exemplo actuacións de mantemento e conservación de beirarrúas ou desbroce de zonas urbanizadas, entre outros. Terán preferencia, en todo caso, as persoas mairoes de 45 anos e as que teñan cargas familiares.
Esta iniciativa, que recibiu unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria, equivalente aos custos salariais, cumpre un dobre obxectivo: por unha banda facilitar a inserción de persoas desempregadas lucenses e por outro, contribuír á conservación e mellora dos espazos públicos.
Mai 29, 2019 - 07:28 PM
Poisa ver se aceleran o RISGA( risco inserción laboral GALIZA) dependente dos Concellos e lle metan mao a XUNTA co tema….
Que teňen aos Concellos abandoados o EMPERADOR FEIJÓO…..
Por certo ,,,, votei BNG e en LUGO saíu ben ….!!!!))))😀
Mai 30, 2019 - 12:25 AM
Os concellos tramitan a Risga dende os servidos sociais, pero a súa concesión e aprobación depende da Xunta de Galicia.