O Concello convoca as axudas para o alugueiro de vivendas

O Concello de Lugo vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria das subvencións para financiar parcialmente o alugamento de vivenda destinada a domiclio habitual das persoas residentes no termo municipal de Lugo.

Nesta convocatoria, o Goberno duplica o orzamento dedicado a estas subvencións, chegando a un total de 300.000 euros; dando cumprimento así a un acordo plenario. Faino coa finalidade de facilitarlle o acceso a unha vivenda digan á cidadanía que se atope nunha situación socioeconómica difícil.

Tal e como se recolle nas bases publicadas no BOP, o prazo de presentación de proposicións, é dende este luns, 24 de decembro ao 22 de xaneiro de 2019, ambos os dous incluídos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com