O Concello convoca unha nova Mesa do Transporte para avaliar o proceso de implantación das novas liñas

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo vén de convocar unha xuntanza da Mesa de Transporte Público, na que participan todos os grupos da corporación e que terá lugar o vindeiro martes 7 de setembro para “avaliar o proceso de implantación das novas liñas de bus urbano, tal e como acordamos en anteriores ocasións”.

Rubén Arroxo lembrou que durante o proceso de elaboración das novas liñas de bus urbano “tivemos en conta centos de peticións veciñais achegadas ao concello por distintas vías, dentro do contrato xa asinado polo anterior goberno coa empresa concesionaria”, e engadiu, “todo o proceso de elaboración das liñas contou co seguimento da corporación municipal a través da Mesa de Transporte Público, que se reuníu en múltiples ocasións para avaliar o traballo realizado”.

Arroxo lembrou que o proxecto de liñas de bus urbano “foi aprobado co apoio de todos os grupos da corporación municipal na Mesa de Transporte Público”, e explicou que “co novo sistema de liñas optimízase ao máximo o quilometraxe contemplado no contrato co que contamos na actualidade”.

Novas relacionadas

  1. Anónimo
    Ago 30, 2021 - 06:08 PM

    Bueno… Pos do PP: Mal, todo está moi mal deseñado. Pos de Cs : Pasaba por aquí, ningún teléfono cerca y no lo pude resistir, laralaralalala, pasaba por aquí. (dudua dudua dudua)

    Reply
  2. Anónimo
    Ago 30, 2021 - 05:12 PM

    Teñen moito que arranxar.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com