O Concello de Lugo informa de que con motivo das obras de mellora na rede de abastecemento de auga na Avenida Marqués de Ombreiro, recollidas no plan para erradicar o fibrocemento nas canalizacións da traída municipal, que se está a executar por parte da Área de Cohesión Territorial (Medio Ambiente), será necesario cortar o subministro este martes, 26 de outubro, dende as 11:00 horas, nas seguintes zonas:
- Marxe dereito da Rúa Músico Falla dende Rúa Mestre Soutullo ata a Avenida Marqués de Ombreiro.
- Marxe dereito da Avenida Marqués de Ombreiro desde Rúa Músico Falla ata a Estrada de Ombreiro.
- Avenida dos Deportes.
Inmediatamente rematen estes traballos o servizo será restablecido.
O tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga, necesario para acometer as obras de mellora da rede de abastecemento da cidade, co obxectivo de erradicar a presenza deste material.
O executivo da alcaldesa, Lara Méndez, realiza unha inversión superior a 1’2 millóns de euros a través do cal se está a realizar á substitución destas tubaxes por outras de fundición en 14 rúas da cidade.