Con motivo das labores de roza que se están a realizar dende a Área de Medio Ambiente no entorno do Hospital Universitario Lugus Augusti, mañá 7 de febreiro non se poderá estacionar dende ás 7:00 horas na rúa Ulises Romero, no treito que está en fronte da entrada principal do recinto hospitalario.
Estas restricións de estacionamento están debidamente sinalizadas co fin de advertir aos condutores das mesmas antes do inicio dos traballos durante os que, á súa vez, a Policía Local intensificará a vixilancia nestas vías para garantir a fluidez da circulación.