O Concello da Pontenova apraza a inauguración da nova tirolina

O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, informou hoxe que a inauguración da tirolina, que estaba prevista para este venres, 28 de xaneiro, queda aprazada ata novo aviso debido ao confinamento de varios empregados da empresa adxudicataria, que xestiona esta instalación.

Campos Conde remarcou que “abriremos esta nova iniciativa turística con tódalas garantías e por suposto, atendendo sempre as recomendacións  sanitarias”. Este complexo conta con dous grandes atractivos: visitar a única galería mineira aberta ao público de Galicia e lanzarse pola tirolina que conta con  330 metros de lonxitude. A instalación da Pontenova recrea o trazado do antigo tranvía aéreo que, atravesando o río Turia, transportaba o mineral desde as ladeiras da mina de Consuelo ata a mina de Boulloso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com