O Concello de Barreiros traballa para solucionar os vertidos na praia de Arealonga

O Concello de Barreiros traballa para solucionar os problemas ocasionados polos vertidos que chegaron nas últimas horas á praia de Arealonga e que obrigaron a pechar ao baño parte do areal. O alcalde, Alfonso Fuente, aclara que esta é unha situación que “ocorre de xeito puntual” todos os anos entre 15 e 20 días debido a que a depuradora supera a súa capacidade por mor da afluencia de visitantes e non é non é capaz de procesar todas as augas residuais que recibe.

O rexedor engadiu que esta situación, unido a que a infraestrutura está moi preto da praia e que o caudal do río é moi escaso “produce eses cheiros e esa vertedura na praia”.

A este respecto, Alfonso Fuente engade que “desde o Concello facemos todo o que podemos e hai tempo que levamos chamando a outras administracións para poder solucionar este tema. Estamos traballando niso e nós o que fixemos foi pechar ao baño esa parte da praia, entre 50 e 100 metros, e sinalizalo para que ninguén se meta nese rego nin nesa zona da praia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com