Ata o día 31 de outubro teñen os titulares de leiras próximas ao casco urbano de Becerreá para presentar ás ofertas ao concello. A cantidade máxima que destinará o consistorio para adquisición do solar será de 60.000 euros.
Manuel Martínez indicou que ademais do centro de saúde o edificio tamén albergará o PAC( Punto de atención Continuada). A idea de Martínez é que neste mesmo ano o concello lle entregue o solar ao SERGAS e que este estea rematado no ano 2024.
Entre as razóns que esgrime Manuel Martínez para facer esta obra son: Mala accesibilidade, eficiencia enerxética cero e que o edificio non é do SERGAS. O Novo edificio construirao Sanidade que se fará cargo da súa construción e do seu posterior mantemento. mantemento.