Este sábado, 7 de decembro, arranca o calendario festivo de Nadal no concello cervense, presentado como unha oferta pensada para todos os perfís e públicos. Para esta tarde, a partir das 19:00 horas, está programada a representación na Casa da Cultura a representación da obra Vaites, Rapariga! de Tarabela Creativa, para o público maior de 16 anos.
A partir das 10:00 horas do día 14 de decembro, a Praza do Souto será o escenario do Mercado de Nadal, da man da Asociación Airiños do Xunco. Artesanía, alimentación, sorteos ou música son algúns dos atractivos que serán postos a desfrute de todo lucense ou visitante.
O calendario lúdico chega ata o día dos Reis Magos, coa cabalgata pertinente. Entre as outras xornadas, cabe destacar a realización dunha Festa Acuática, o día 2 de xaneiro, ou a realización de diferentes actividades para a facilitación da conciliación familiar durante o Nadal, como Cervo Concilia.