O Concello de Lugo ven de anunciar a apertura do prazo de inscrición nos comedores escolares entre o 15 de xuño e o 31 de xullo. Segundo o responsable da concellería, “este ano, como novidade, ampliamos o servizo de madrugadores e madrugadoras a todos os centros”. O edil de Educación informou de que “se están a realizar protocolos de actuación seguindo as últimas indicacións das autoridades sanitarias, que serán dinámicos e estarán sempre acorde ás últimas indicacións emitidas”.
O concelleiro indicou que “debido á redución de aforo, realizarase un baremo para outorgar as prazas tendo en conta como criterio principal as posibilidades de conciliación das familias As familias que non accedan a unha praza na primeira adxudicación, manteranse en lista de agarda e se se producen baixas ou aumento o aforo no caso de que o permitan as autoridades sanitarias.
Os prezos manteranse como no último curso escolar, e para solicitar unha praza deberá cumprimentarse a solicitude que se atopa na páxina web do concello, e posteriormente o seu rexistro de xeito telemático presencial, apra esta última opción será necesario solicitar cita previa no 010”.