O Concello de Lugo afirma que a taxa por terrazas que pagan os hostaleiros de Lugo é máis barata que a doutras cidades galegas

A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, explicou hoxe, en relación coa información sobre as terrazas de hostalería difundida pola asociación Lugo Monumental, que as taxas por ocupación do solo público coa instalación de terrazas “son máis baratas en Lugo que noutras cidades galegas. É falso que as taxas de Lugo sexan as máis caras de Galicia como asegura a devandita asociación, e como demostra o feito de que as de Pontevedra, por exemplo, son máis elevadas que as da nosa cidade”.

Afirman que os datos facilitados por Lugo Monumental “son erróneos e carentes de rigor xa que, alomenos nalgúns casos, comparan datos que non son homoxéneos como pode ser tomar como referencia nun caso o prezo por metro cadrado e noutra cidade o prezo por mesa ou ignorar que os prezos varían en función de se a terraza se instala nun lugar céntrico ou nun barrio”.

Como explicou Sonia Ménez, “a información difundida por esta asociación é falsa porque comete o erro de comparar elementos que non son comparables. Por exemplo, parte dun erro fundamentel como é o de tomar como referencia para a comparación o prezo por ocupación dun metro cadrado de solo na cidade de Lugo e o prezo por mesa no caso de Pontevedra o que lle leva a dicir que a taxa nesa cidade é inferior ao real”.

“Tamén no caso de Ferrol se confunde a asociación xa que mentres en Lugo elixe para a comparación a taxa por ocupación de solo no centro da cidade no caso de Ferrol non escolle a taxa que paga unha terraza instalada no centro senón o importe de lugares que son máis baratos por tratarse de rúas situadas en barrios”.

Méndez explicou que, no caso da cidade de Lugo, o dato que se difundiu non corresponde coa taxa que pagan todas as terrazas nin tampouco é o importe medio. “Hai que ter en conta que as taxas varían segundo a zona da cidade e lóxicamente, unha terraza instalada no Centro da cidade paga unha taxa maior da que teñen que aboar os hostaleiros que teñen os seus negocios nos barrios”.

A Concelleira de Economía lembrou que, precisamente, os hostaleiros do Casco histórico de Lugo foron os que se beneficiaron nos últimos anos das subvencións para terrazas concedidas polo Concello. Concretamente concedéronse un total de 42 axudas por importe de 172.379,32 euros a través do Plan Urban, que ofreceu e pagou axudas aos hostaleiros para mobiliario de terrazas dende o ano 2009.

Por outra parte, a Concelleira de Economía manifestou que a rendibilidade das terrazas “queda demostrada polo feito de que cada ano se instalan máis nas rúas de Lugo. Así, no 2013 autorizáronse un total de 111 terrazas e no ano 2014 o número aumentou a 180 terrazas”.

Ademais, Sonia Méndez, destacou que o Goberno Local de Lugo aposta por manter os prezos máis baratos nos servizos esenciais como son o autobús e a auga, que son dos máis baratos non só de Galicia senón tamén de España.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Latorre Real
    Abr 30, 2015 - 02:20 PM

    La ordenanza fiscal 10 del Ayuntamiento de Pontevedra dice en su artículo 6:

    Cota tributaria. Réxime xeral
    1. A contía da taxa regulada nesta Ordenanza será a resultante da aplicación ás tarifas contidas no presente artigo, o correspondente coeficiente fixado no punto 3 do mesmo, e, excepcionalmente, no artigo 7.
    2. A taxa esixirase de acordo co seguinte cadro de tarifas:
    a) Por cada mesa con 4 ou menos cadeiras, o importe anual será de 75,23 euros.
    b) Por cada mesa con 5 ou máis cadeiras, o importe anual incrementarase nun 50% por cada 4 ou menos cadeiras adicionais.
    Asimilarase a unha mesa con 4 ou menos cadeiras, calquera mobiliario ubicado en dominio público municipal, susceptible de prestar o mesmo servizo, como por exemplo barrís, bancadas, etc.

    Para la comparación, dado que la tasa se expresa en “mesa y cuatro sillas” y no en metros cuadrados, se ha asumido que este mobiliario ocupa tres metros cuadrados aproximadamente, tal y como se entiende en ciudades como Vigo, donde incluso es obligatorio pedir los metros de tres en tres (no es posible pedir dos o cuatro) porque el ayuntamiento socialista considera que es el tamaño que razonablemente usará una mesa con cuatro sillas en uso.

    Esta ordenanza, a mayor abundamiento, permite el abono de la tasa por día de uso, es decir, que un local puede tener mesas y sillas únicamente en días festivos o fiestas patronales, abonando una tasa diaria.

    En cuanto al tema de los precios por calles, sí es cierto que en la comparativa original no se aplicó el coeficiente corrector, con lo que la comparación es inexacta en el porcentaje pero no en su baremación respecto a Lugo, que sigue siendo más caro que el metro Pontevedra.

    El Ayuntamiento de Pontevedra establece cinco categorías, según la que tenga la calle. Para la comparación hemos tomado como referencia la más cara, ya que el casco histórico creemos que es una zona de primera.

    CATEGORÍA COEFICIENTE
    Rúas de 1ª categoría …………………………… 1,44
    Rúas de 2ª categoría …………………………… 1,24
    Rúas de 3ª categoría …………………………… 1,03
    Rúas de 4ª categoría …………………………… 0,93
    Rúas de 5ª categoría …………………………… 0,82

    El coeficiente aumenta o reduce la tasa de acuerdo a la “valía” de la calle. Así un metro cuadrado de terraza en una calle de primera subirá un 44% y una en quinta bajará un 18%.

    Visto todo lo anterior, la fórmula a aplicar es sencilla. La tasa se divide por tres (metros cuadrados) y se multiplica por el coeficiente modificador de 1,44:
    75,23 / 3 * 1,44 = 36,11 €
    Aun asumiendo que una mesa con cuatro sillas ocupara dos metros cuadrados y no tres (lo cual es harto complicado) el resultado de la capital pontevedresa se acercaría a la cifra de Lugo pero seguiría teniendo una tasa más barata.
    75,23 / 2 * 1,44 = 54,17 €

    Se aplicó el cálculo de tres metros siguiendo, insistimos, el criterio del Ayuntamiento de Vigo.

    En cualquier caso, el PSOE de Pontevedra propuso en abril de 2014 una reducción en las tasas por terrazas por considerarlas excesivas, siendo más baratas que en Lugo en cualquiera de las simulaciones realizadas.

    Esperamos que esto aclare el asunto suficientemente. Un saludo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com