O Concello de Lugo aproba en Xunta de Goberno a incoación dun expediente sancionador á empresa concesionaria do servizo de recadación municipal para a xestión das multas de tráfico e en material catastral, Tribugest, por presunta responsabilidade dunha infración contractual.
Segundo informou esta mañá o voceiro municipal, Miguel Fernández, isto ten inicio nun informe emitido pola tesourería municipal para abrir un expediente sancionador tras realizar Tribugest unha notificación, sen autorización do funcionario correspondente, a un veciño da cidade por correo ordinario e non con acuse de recibo, aplicando un recargo superior ao veciño. Esto que incumple a cláusula quinta do prego de prescripcións técnicas da concesión.
Fernández explicou tamén que a Xunta de Goberno local aprobou a proposta do terceiro plan municipal de prevención de drogodependencias, que este ano traballará a prevención de distintas condutas aditivas máis aló das drogas.