O Concello de Lugo aumentará ata 50 os efectivos do parque de bombeiros

O equipo de Lara Méndez aprobou esta mañá en Xunta de Goberno os membros do tribunal cualificador para as probas de acceso en propiedade a 12 prazas de bombeiro condutor incluídas nas ofertas de emprego público que sacou adiante o Executivo cos sindicatos na Mesa Xeral de Negociación.

Este é o último paso previo á celebración das probas, que arrancarán o 4 de marzo coa previsión de que o proceso selectivo estea concluído nun prazo de tres meses.

Con estas 12 prazas, os efectivos do parque de bombeiros pasarán dos 38 actuais a 44 dado que seis das prazas que saen agora a oposición están xa cubertas por interinos; que sumarán 50 coa cobertura das 6 prazas restantes previstas nas ofertas de emprego público e que se cubrirán con interinos das listaxes das probas de acceso.

Noutro senso, a Xunta de Goberno aprobou este mércores o informe anual sobre a situación dos contratos maiores elaborado polo servizo municipal de Contratación, segundo o que entraron en tramitación no 2018 un total de 127 expedientes, un 60% máis que o ano anterior, o que demostra o aumento da capacidade de xestión do Concello nesta materia. Este incremento, que o propio servizo de Contratación recoñece como “un éxito”, tendo en conta ademais os cambios e adaptacións que supuxo a nova Lei de Contratos, desmonta con datos reais a falacia que de maneira insistente se dedican a tratar de construír os grupos políticos da oposición.

Dos 127 contratos tramitados, 64 correspóndense con servizos e subministros, 50 a obras e 13 de carácter privado (sobre todo relativos a actuacións musicais do San Froilán).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com