O Concello de Lugo continúa coa renovación dos colectores de lixo en todo o municipio, que comezará nos vindeiros días comezará a instalación dos novos depósitos na zona rural. En total, instalaranse ao longo das próximas semanas 860 colectores de resto, 350 de bolsa amarela e outros 200 destinados a reciclaxe de papel e cartón nas 54 parroquias atendendo ás particulaidades de cada zona.
Ao longo das últimas semanas os traballos centráronse na instalación dos colectores na área periurbana. Así, na contorna da cidade actuouse na N-540 e as súas inmediacións. Tamén no eixo definido pola N-VI e as súas respectivas vías de servizo ata San Vicente de Coeo e Monte de Mera. Así mesmo, nesta dirección foron renovadas as illas no trazado da estrada Vella de Santiago e na estrada LU-612, en dirección a Portomarín, ata a altura de Soñar. Pola sua parte, en dirección norte os traballos estiveron centrados na zona de influencia da N-640, ata Teixeiro. Tamén foi renovada a rede en numerosas urbanizacións como A Campiña, Bella Vista ou A Louzaneta.
Os colectores que se instalan agora na zona rural estarán equipados cos sensores intelixentes que medirán o volume e enchido co fin mellorar a súa recollida e minorar o tráfico de camións. Segundo o edil de Transición Ecolóxica e Impulso Rural, “esta mellora permitirá reducir o gasto enerxético e a contaminación, claves no modelo de cidade sustentable no que levamos tempo traballando”.