O Concello de Lugo continúa a aprobar pagos con reparos de legalidade

Xornada de Pleno no Concello de Lugo, e xornada que repite primeiro punto do día. Un mes máis o goberno de Lara Méndez levou á sesión plenaria dous recoñecementos extraxudiciais de crédito (REC). O REC é un sistema de pago que, de maneira excepcional, poden usar os concellos para aboar os servizos ou traballos realizados por empresas para a administración para os cales non se dotou da correspondente partida orzamentaria; ben porque foron servizos prestados con anterioridade ao ano presupostario actual ou ben porque o contrato é nulo de pleno dereito.

Así, o Concello de Lugo aprobou hoxe dous novos REC que suman case 900 facturas, moitas delas con reparos de legalidade; algo que, pese a definirse como unha “medida excepcional”, no caso do goberno municipal non o é. Os grupos da oposición que se abstiveron nas votacións (só Cidadáns votou en contra dun dos casos levados a pleno hoxe), tiveron moito que dicir acerca, precisamente, desta medida que xa é “reiterada”.

Todos os grupos lembraron que se trata dunha situación moi repetida mes tras mes e sempre coas mesmas excusas que, para algúns, como Olga Louzao, voceira de Cidadáns, son “excusas de mal pagador” que só reflicten, en palabras do voceiro popular, Antonio Ameijide, “a inoperancia e mala xestión do goberno local”. 

Tanto Ameijide como Louzao resaltaron, ademáis, que o goberno de Lara Méndez leva, só en 2018, máis de 2 millóns de euros aboados con reparos de legalidade, que se suman aos máis de 20 millóns de euros pagados, nesta mesma situación, na pasada anualidade.

Pero non queda aí a cousa, Carlos Portomeñe, voceiro de Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida (ACE-EU) , reprochou as excusas do goberno local ante a “ineficacia” das súas políticas económicas. Para Portomeñe, non ten sentido que o goberno se escude na falta de orzamentos como excusa de non levar a cabo as licitacións necesarias, cando algunhas das facturas veñen, incluso, do ano 2015; antes de que se conformara o actual goberno. Portomeñe, asemade, acusou á edil de Economía de ser unha “inepta” no desenrolo das súas labores ao frente da xestión municipal.

Víctor Álvarez, novo Concelleiro

Cambiando de terzo, o Pleno deu a benvida hoxe a un novo edil que cubrirá o sillón do exconcelleiro de Lugonovo, Iñaki García. O elixido pola asamblea da agrupación local foi o propio voceiro da mesma, Víctor Alvarez, quen se estreou no pleno presentando unha moción para converter ao Concello de Lugo na primeira cidade galega polo Comercio Xusto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com