O Goberno Local de Lugo convocou para o vindeiro martes, 11 de abril, ás 13:00 horas, a Comisión do Garañón, despois de que fora aplazada por non chegar a un acordo na elección da presidencia. Así o comunicou o executivo local esta mañá, afirmando que deste xeito, continúa a súa aposta pola transparencia e o diálogo como forma de relacionarse coa oposición, cando se trata dun asunto complexo que lle afecta á cidadanía.
Así mesmo, tal e como avanzou hai uns días a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Concello iniciará o proceso de execución das sentenzas do Tribunal de Xustiza de Galicia sobre o proxecto de urbanización da Unidade de Actuación CS-5 (o Garañón) e sobre a licenza de obras do edificio, tras recibir a entidade local a comunicación da súa firmeza.
O inicio da execución das sentenzas verase reflectido na próxima Xunta de Goberno. Para o derrubamento das torres será preciso aprobar os Orzamentos do Concello, nos que se consignarán 300.000 euros para este fin, e seguidamente iniciar o correspondente expediente.