O Concello de Lugo declara “personas non gratas” aos membros da Manada

Xornada de Pleno no Concello de Lugo e xornada de unanimidade para repudiar a decisión dos xuíces de outorgarlle a liberdade baixo fianza aos membros da Manada que abusaron sexualmente e violaron a unha rapaza nos San Fermíns de 2016. Os seis grupos políticos da Corporación Municipal acordaron antes do Pleno, na Xunta de Voceiros previa ao comezo da sesión, unha declaración institucional para declarar “persoas non gratas” aos 5 membros da Manada.

Tal e como manifestou a Alcaldesa da cidade “esta declaración vén a manifestar a repulsa e o rexeitamento social a unha conducta e a este tipo de actitudes, que non son illadas, que neste caso é nominativamente ás dos cinco compoñentes da Manada, pero que se pode facer extensivo a tantos e tantos casos e a outros tantos intentos”.

“Trátase de que teña carácter educativo e pedagóxico, co que mandamos unha mensaxe de que estamos en contra da falta de igualdade e dos abusos por violencia dun xénero sobre outro”, subliñou a rexedora.

Recoñecementos extraxudiciais de crédito

O pleno comezou, como xa é habitual, cos Recoñecementos Extraxudiciais de Crédito. Desta volta, 14 dos 15 que presentaba o Concello viñan ao pleno con reparos de legalidade. Entre as facturas destacaban todos os grupos unha, de arredor de 200 euros, por pagar unha cea en Madrid para os representantes sindicais que foron á capital a unha marcha que reclamaba pensións dignas.

Pese a estas críticas a edil de economía do Concello de Lugo, Ana Prieto, lembrou que o goberno local recuperou o Periodo Medio de Pago aos proveedores que, durante os últimos anos superaba os 100 días e, actualmente, sitúase nos 16 días de periodo medio de pago aos proveedores. De todos os xeitos, e pese a que eso sexa certo, os grupos da oposición non deixaron pasar o repetitivo desta situación e remarcaron que os recoñecementos extraxudiciais de crédito é o único que o equipo socialista leva a pleno. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com